jueves, 11 de febrero de 2010

Unha kepleriana no século IV . Hypathia


Como ben poidemos observar que na recente película estreada o pasado 9 de outubro, ÁGORA, a súa trama é o proceso intelectual polo que Hypathia pasa do geocentrismo de Ptolomeo ao heliocentrismo de Aristarco e de aí, finalmente, ás órbitas elípticas de Kepler.
Hytaphia ,(Alexandría) foi unha filósofa e mestra neoplatónica grega, natural de Exipto.Filla e discípula do astrónomo Teón. Destacou:nas matemáticas e na astronomía,

Seguidora de Plotino, cultivou os estudos lóxicos e as ciencias exactas, levando unha vida ascética.

Educou a unha selecta escola de aristócratas cristiáns e pagáns que ocuparon altos cargos, destacan o bispo Sinesio de Cirene, Hesiquio de Alexandría e Orestes, prefecto de Exipto no momento da súa morte.



Considerada a primeira muller matemática que escribiu sobre xeometría, álxebra e astronomía, mellorou o deseño dos primitivos astrolabios e inventou un hidrómetro.
Hipatia morreu a unha idade avanzada, linchada por unha turba de cristiáns.


O seu asasinato produciuse no marco da hostilidade cristiá contra o declinante paganismo e as loitas políticas entre as distintas faccións da Igrexa, o patriarcado alejandrino e o poder imperial, representado en Exipto polo prefecto Orestes, ex alumno da filósofa.


A figura de Hipatia converteuse nun verdadeiro mito: desde a época da Ilustración preséntalla como a unha "mártir da ciencia" e símbolo do fin do pensamento clásico ante o avance do Cristianismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario