
Sir Isaac Newton (1643-1727) foi un físico, filósofo, inventor, alquimista e matemático inglés, autordos Philosophiae naturalis principia mathematica, máis coñecidos como os Principia, onde describiu a lei de gravitación universal e estableceu as bases da MecánicaClásica mediante as leis que levan o seu nome.
Entre outros descubrimentos científicos, destacan os traballos sobre a natureza da luz e a óptica (que se presentan principalmente na súa obra Óptica (libro) e o desenvolvemento do cálculo matemático.
Foi o primeiro en demostrar que as leis naturais que dirixen o movemento na Terra e as que dirixen o movemento dos corpos celestes son as mesmas.
A súa obra é culminación da Revolución científica. Entre os seus achados científicos atópanse os seguintes:
- Teoría corpuscular de la luz
- Desarrollo del Cálculo diferencial e integral
- Ley de la gravitación universal
- O descubrimento de que o espectro de cor que se observa cando a luz branca pasa por un prisma é inherente a esa luz, en lugar de provir do prisma (como fora postulado por Roger Bacon no século XIII)
- A súa argumentación sobre a posibilidade de que a luz estivese composta por partículas.
- O seu desenvolvemento dunha lei de convección térmica, que describe a taxa de arrefriado dos obxectos expostos ao aire; os seus estudos sobre a velocidade do son no aire; e a súa proposta dunha teoría sobre a orixe das estrelas.
Newton comparte con Leibniz o crédito polo desenvolvemento do cálculo integral e diferencial, que utilizou para formular as súas leis da física.
Tamén contribuíu noutras áreas da matemática, desenvolvendo o teorema do binomio
O matemático e físico matemático Joseph Louis Lagrange, dixo que " Newton foi o máis grande xenio que existiu e tamén o máis afortunado xa que so se pode encontrar unha vez un sistema que rixa o mundo"
No hay comentarios:
Publicar un comentario