viernes, 5 de marzo de 2010






Sir Isaac Newton (1643-1727) foi un físico, filósofo, inventor, alquimista e matemático inglés, autordos Philosophiae naturalis principia mathematica, máis coñecidos como os Principia, onde describiu a lei de gravitación universal e estableceu as bases da MecánicaClásica mediante as leis que levan o seu nome.



Entre outros descubrimentos científicos, destacan os traballos sobre a natureza da luz e a óptica (que se presentan principalmente na súa obra Óptica (libro) e o desenvolvemento do cálculo matemático.



Foi o primeiro en demostrar que as leis naturais que dirixen o movemento na Terra e as que dirixen o movemento dos corpos celestes son as mesmas.


A súa obra é culminación da Revolución científica. Entre os seus achados científicos atópanse os seguintes:


  • Teoría corpuscular de la luz

  • Desarrollo del Cálculo diferencial e integral

  • Ley de la gravitación universal

  • O descubrimento de que o espectro de cor que se observa cando a luz branca pasa por un prisma é inherente a esa luz, en lugar de provir do prisma (como fora postulado por Roger Bacon no século XIII)

  • A súa argumentación sobre a posibilidade de que a luz estivese composta por partículas.

  • O seu desenvolvemento dunha lei de convección térmica, que describe a taxa de arrefriado dos obxectos expostos ao aire; os seus estudos sobre a velocidade do son no aire; e a súa proposta dunha teoría sobre a orixe das estrelas.

Newton comparte con Leibniz o crédito polo desenvolvemento do cálculo integral e diferencial, que utilizou para formular as súas leis da física.

Tamén contribuíu noutras áreas da matemática, desenvolvendo o teorema do binomio

O matemático e físico matemático Joseph Louis Lagrange, dixo que " Newton foi o máis grande xenio que existiu e tamén o máis afortunado xa que so se pode encontrar unha vez un sistema que rixa o mundo"


sábado, 27 de febrero de 2010



Galileo Galilei (Pisa, 15 de febreiro de 1564 - Florencia, 8 de xaneiro de 1642), foi un astrónomo, filósofo, matemático e físico que estivo relacionado estreitamente coa revolución científica. Que como xa explicaramos, na anterior entrada sobre galileo, este tivo moitas dificultades para poder desenvolver todo o seu coñecemento e investigacións.



Eminente home do Renacemento, mostrou interese por case todas as ciencias e artes (música, literatura, pintura).




Os seus logros inclúen a mellora do telescopio, gran variedade de observacións astronómicas, a primeira lei do movemento e un apoio determinante para o copernicanismo. foi considerado como o «pai da astronomía moderna», o «pai da física moderna» e o «pai da ciencia».

O seu traballo experimental é considerado complementario aos escritos de Francis Bacon no establecemento do moderno método científico e a súa carreira científica é complementaria á de Johannes Kepler.
O seu traballo considérase unha ruptura das asentadas ideas aristotélicas e o seu enfrontamento coa Igrexa católica Romana adoita tomarse como o mellor exemplo de conflito entre a autoridade e a liberdade de pensamento na sociedade occidental.

jueves, 25 de febrero de 2010



Nicolás Copérnico (1473,Torun, Prusia, Polonia-1543,)Frombork, Prusia, Polonia); foi o astrónomo que estudou a primeira teoría heliocéntrica do Sistema Solar.





O seu libro, "De revolutionibus orbium coelestium" (das revolucións das esferas celestes), é concibida como o punto inicial ou fundador da astronomía moderna, ademais de ser unha peza crave no que se chamou a Revolución Científica na época do Renacemento.






Copérnico era matemático, astrónomo, xurista, físico, clérigo católico, gobernador, administrador, líder militar, diplomático e economista.



Xunto coas súas extensas responsabilidades, a astronomía figuraba como unha distracción. Pola súa gran contribución no campo da astronomía, en 1935 decidiuse na súa honra chamarlle «Copernicus» a un cráter lunar visible coa axuda de binoculares, situado no Mare Insularum.







O modelo heliocéntrico é considerado como unha das teorías máis importantes na historia da ciencia occidental.

sábado, 20 de febrero de 2010


Johannes Kepler
(1571-1630) Alemaña.


Foi profesor de astronomía e matemáticas na Universidade de Graz ata que se convertiu no axudante do astrónomo danés Tycho Brahe no seu observatorio de Praga.


Ó ano de prestar de axundante de axudante morreu Bhahe e asumiu o cargo como matemático imperial e astrónomo da corte imperial Adolfo III .



Os seus principais traballos e obras matemáticas son :

  • Seus comentarios sobre o movemento de Marte

  • Tratado sobre : cométalos, nova estrela (NOVA) e óptica.

  • Táboas Rudolfinas, onde compila os resultados obtidos a partir das observacións de Tycho Brahe e as súas propias teorías.

Estudando o problema do movemento do planeta Marte, Kepler chegou á conclusión de que a súa órbita debía ser algún tipo de óvalo, e de inmediato demostrou que a máis simple das curvas en forma de óvalo, a elipse, satisfacía as observacións do mellor modo posible sempre que se asumise que o Sol estaba nun dos seus focos.(Primeira Lei de Kepler)






Tamén se deu conta de que o planeta movíase máis rápido cando estaba máis cerca do Sol e máis lento cando estaba máis afastado, de tal modo que a superficie descrita (varrida) pola liña recta que conecta ao Sol con Marte é sempre proporcional ao tempo.(Sengunda Lei de Kepler)


E por úlimo sen ser menos importante, Kepler a partir das afirmacións anteriores chega á súa Terceira Lei, que afirma correctamente que o cociente entre o cadrado lo tempo que emprega un planeta en dar unha volta completa ó redor do Sol (período, T) e o cubo do semieixe maior da súa orbita, r, e o mesmo para todos os planetas: T2/r3 = k




Ó final da súa vida lamentábase de que un home da súa sabedoría, tivese demencia senil, chegando ata a afirmar que "as mareas viñan motivadas por unha atracción que a lúa exercía sobre os mares...", un feito que foi demostrado anos despois da súa morte.




Restos da estrela de Kepler, a supernova SN 1604:










jueves, 11 de febrero de 2010

Unha kepleriana no século IV . Hypathia


Como ben poidemos observar que na recente película estreada o pasado 9 de outubro, ÁGORA, a súa trama é o proceso intelectual polo que Hypathia pasa do geocentrismo de Ptolomeo ao heliocentrismo de Aristarco e de aí, finalmente, ás órbitas elípticas de Kepler.
Hytaphia ,(Alexandría) foi unha filósofa e mestra neoplatónica grega, natural de Exipto.Filla e discípula do astrónomo Teón. Destacou:nas matemáticas e na astronomía,

Seguidora de Plotino, cultivou os estudos lóxicos e as ciencias exactas, levando unha vida ascética.

Educou a unha selecta escola de aristócratas cristiáns e pagáns que ocuparon altos cargos, destacan o bispo Sinesio de Cirene, Hesiquio de Alexandría e Orestes, prefecto de Exipto no momento da súa morte.



Considerada a primeira muller matemática que escribiu sobre xeometría, álxebra e astronomía, mellorou o deseño dos primitivos astrolabios e inventou un hidrómetro.
Hipatia morreu a unha idade avanzada, linchada por unha turba de cristiáns.


O seu asasinato produciuse no marco da hostilidade cristiá contra o declinante paganismo e as loitas políticas entre as distintas faccións da Igrexa, o patriarcado alejandrino e o poder imperial, representado en Exipto polo prefecto Orestes, ex alumno da filósofa.


A figura de Hipatia converteuse nun verdadeiro mito: desde a época da Ilustración preséntalla como a unha "mártir da ciencia" e símbolo do fin do pensamento clásico ante o avance do Cristianismo.