viernes, 11 de diciembre de 2009




“Vida de Galileo”. A obra de Bertolt Brecht (1898-1956) abarca moi ben diversos xéneros. Exiliado pola barbarie nazi, sempre procurou un teatro innovador: substituír a intensidade emocional ligada ó teatro tradicional polo alongamento reflexivo e a observación crítica a través do distanciamento. O seu legado literario exerceu unha influencia decisiva durante a segunda metade do século XX.


O tema da obra é a eterna loita entre a fe e a razón, entre o dogmatismo da tradición e a procura da verdade a partir do método científico (asentado na unión de enunciados hipotéticos, pero coa súa correspondente e esixible verificación experimental). É o relato, unha vez máis, da escisión entre “mito” e “logos”, neste caso representado polas obstinadas posicións da Igrexa (e do seu “brazo armado”: a Inquisición) fronte ao libre pensamento e investigación, representados por Galileo.


Resumo.


Galileo a través das observacións realizadas a través do telescopio observa os “satélites” de Júpiter. De aí deduce que non só poden xirar obxectos celestes ao redor da Terra e que, polo tanto, a Terra non é obviamente o centro de todo o sistema planetario. Así pois, a hipótese heliocéntrica de Copérnico pode ser lexítimamente defendida. Ao escribir a súa investigación na lingua do pobo (e non en latín), o pobo tamén poderá ter acceso á mesma. Dese modo, o pobo –a partir dese coñecemento científico- poderá tamén dubidar non só das verdades establecidas referidas á ciencia senón tamén da súa situación social. Dubidará dos seus amos, de Deus, da súa salvación… Por iso a igrexa obriga a Galileo a retractarse. A súa teoría científica ten repercusións moito máis alá das meramente científicas: pode alterar a orde social e con ela os privilexios dos poderosos, do poder da Igrexa sobre a sociedade. Posteriormente vivirá sometido e vixiado pola Igrexa. Será coidado pola súa filla, sempre fiel devota, á cal –sen embargo- Galileo nunca se interesou en ensinarlle o seu traballo. Malia esta situación, en secreto, redactará o seu derradeiro libro o cal verá a luz a través dun vello aprendiz… Iniciarase así unha nova época para a astronomía, para a ciencia, e… para a sociedade.


Comentario.


Brech, a través desta obra pon en evidencia á Igrexa como o estamento que impide que a sociedade avance. Galileo escribe un libro no que demostra a veracidade do sistema heliocéntrico, de forma que anula o sistema xeocéntrico que desde os tempos de Aristóteles ou de Ptlomeo predominaba. Pero como declara Galileo: “porque sexan así as cousas non significa que teñan que seguir séndoo”. Ese libro está escrito na lingua do pobo, polo que este pode acceder a el e dubidar…: “Porque onde durante mil anos reinou a fe, precisamente alí reina a dúbida. Todo o mundo di: si , iso está nos libros, pero imos observalo por nós mesmos. Aquilo do que nunca se dubidou, hoxe ponse en dúbida” “O noso novo arte da dúbida encantou á gran masa. Arrancounos o telescopio das mans e enfocouno contra os seus torturadores. Estes homes egoístas e brutos, que aproveitaron avidamente para si os froitos da ciencia, notaron ó mesmo tempo que a fría mirada da ciencia dirixíase cara esa miseria milenaria, pero artificial, que podía ser terminantemente anulada se se lles anulaba a eles”.


Brecht tamén destaca as ansias de Galileo de aprender, investigar, e coñecer… pero tamén as “astucias” e “artimañas” ás que ten que recorrer para obter os cartos necesarios non só para investigar senón simplemente para sobrevivir.


Sen dúbida esta obra denuncia aberta e frontalmente á Igrexa, e -¡en tantas ocasións!- a súa actitude hipócrita, tal como se pode observar nesta cita posta en boca do papa: “Se non hai Deus, hai que inventalo”. Obsérvase que actúa por intereses puramente egoístas e para menter o seu poder político: “agora a maioría da poboación é mantida nun vapor matizado de supersticións e vellas palabras polo seus príncipes, acomodados, clérigos, que solo desexan esconder as súas propias maquinacións”.


Para Brecht, a relixión é aparencia e consolación por medio da salvación, que se fixa nas esferas “cristalinas” do ceo. A loita polo movemento da Terra, a loita polo sistema solar é una loita por desfacer ese ceo, ese mundo ideal no que todas as persoas teñen un cometido determinado.

Ti ves! Qué ves?Non ves nada. Só abres moito os ollos.
Abrir moito os ollos non é ver




“A vida de Galileo” de Bertolt Brecht por MARÍA VENCES para o club de lectura do IES Otero Pedrayo de Ourense. Se queredes máis información: http://aiptolomeotolomeu.blogspot.com/.

viernes, 4 de diciembre de 2009



Aristarco (310 a. C. - 230 a. C.) foi un astrónomo e matemático grego, nacido en Samos, Grecia.

É a primeira persoa que propón o modelo heliocéntrico do Sistema Solar, colocando o Sol, e non a Terra, no centro do universo.
Xa que presenciou no modelo geocéntrico que algunos planetas como Venus e, sobre todo, Marte, describían traxectorias errantes no ceo, é dicir, ás veces
movíanse adiante e atrás. O que era un problema, pois a tradición aristotélica dicía que todos os movementos e as formas do ceo eran círculos perfectos.

As ideas astronómicas non foron ben recibidas e pronto foron refugadas. O modelo que dominaba era a Teoría geocéntrica de Aristóteles desenvolvida a fondo anos máis tarde por Ptolomeo. Non foi ata Copérnico, uns mil setecentos anos máis tarde, que empezou a exporse o modelo heliocéntrico como unha alternativa consistente.




Aristarco tamén fixo investigacións a cerca da distacia ó sol e a distacia á lúa e o seu tamaño. Como se ve no diagrama adxunto. Aristarco calculou o ángulo entre o Sol e a Lúa (beta) cando esta se atopaba no primeiro ou último cuarto. É dicir, cando alfa medía 90º. Entón medindo alfa podía resolver o rectángulo. Observou que a distancia Terra-Sol era moito maior que a Terra-Lúa e que, por conseguinte, o Sol tiña que ser moito máis grande pois sabemos que tanto o disco solar como o lunar teñen un diámetro aparente duns 32 minutos de arco. Foi quizá a idea dun Sol tan grande a que lle induciu a pensar que debían ser o resto de corpos máis pequenos os que orbitaran ao seu ao redor

Do modelo heliocéntrico de Aristarco só quédannos as citas de Plutarco e Arquímedes. Os traballos orixinais probablemente perdéronse nun dos varios incendios que padeceu a biblioteca de Alexandría

jueves, 3 de diciembre de 2009

Claudius Ptolomaeus ou Ptolomeo, nado en Exipto no ano 100 e falecido no 178, é recoñecido polos seus traballos en astroloxía, astronimía e cartografía (pois foi o primeiro cartógrafo en empregar a escala nos mapas)




Herdeiro da concepción do Universo dada por Platón e Aristóteles, o seu método de traballo desviase de destes adoptando un esquema positivista, por exemplo,a súa Teoría geocéntrica é oposta, pois as órbitas do seu sistema son excéntricas, en contraposición ás circulares e perfectas de Platón e Aristóteles.





A súa achega fundamental foi o seu modelo do Universo: no que decía que a Terra estaba inmóbil e ocupaba o centro do Universo, e que os demais astros xiraban ó seu arredor.


Tratou de resolver geométricamente os dous grandes problemas do movemento planetario


  • 1 A retrogradación dos planetas e o seu aumento de brillo, mentres retrograda

  • 2 A distinta duración das revolucións siderais.

As súas teorías astronómicas geocéntricas tiveron gran éxito, e influíron no pensamento de astrónomos e matemáticos ata o século XVI.





Aplicou os seus estudos de trigonometría á construción de astrolabios e reloxos de sol. E tamén aplicou o estudo da astronomía ao da astrología, creando os horóscopos. Todas estas teorías e estudos están escritos na súa obra Tetrabiblon




No campo da óptica explorou as propiedades da luz, sobre todo da refracción e a reflexión.

Como xeógrafo, Utiliza un sistema de latitude e lonxitude polo que serviu de exemplo aos cartógrafos durante moitos anos



Pensaba que as leis matemáticas subxacían tanto os sistemas musicais como nos corpos celestes, e que certos modos e aínda certas notas correspondían a planetas específicos, as distancias entre estes e os seus movementos. A idea fora proposta por Platón no mito da música das esferas, que é a música non escoitada producida pola revolución dos planetas