sábado, 27 de febrero de 2010



Galileo Galilei (Pisa, 15 de febreiro de 1564 - Florencia, 8 de xaneiro de 1642), foi un astrónomo, filósofo, matemático e físico que estivo relacionado estreitamente coa revolución científica. Que como xa explicaramos, na anterior entrada sobre galileo, este tivo moitas dificultades para poder desenvolver todo o seu coñecemento e investigacións.



Eminente home do Renacemento, mostrou interese por case todas as ciencias e artes (música, literatura, pintura).




Os seus logros inclúen a mellora do telescopio, gran variedade de observacións astronómicas, a primeira lei do movemento e un apoio determinante para o copernicanismo. foi considerado como o «pai da astronomía moderna», o «pai da física moderna» e o «pai da ciencia».

O seu traballo experimental é considerado complementario aos escritos de Francis Bacon no establecemento do moderno método científico e a súa carreira científica é complementaria á de Johannes Kepler.
O seu traballo considérase unha ruptura das asentadas ideas aristotélicas e o seu enfrontamento coa Igrexa católica Romana adoita tomarse como o mellor exemplo de conflito entre a autoridade e a liberdade de pensamento na sociedade occidental.

1 comentario:

  1. Bua María, acabo de botarlle unha ollada ao teu blog...É incrible, marabilloso...En serio...Posiblemente sexa o blog máis científico de todos. Posiblemente non, sen dúbida. Moito ánimo e a seguir así!!!
    A partir de agora voume pasar máis a miúdo...
    Un saúdo.

    ResponderEliminar