Gerty Theresa Cori, bioquímica estadounidense que gañou Premio Nobel de Fisioloxía/Medicina 1974
(interesante enlace a un video sobre a sua traxectoria laboral) por Lucy Villar White
Descubertos varios planetas con órbitas «ao revés»
A teoría que cremos que explica a formación dos planetas asume -simplificando un pouco- que nacen nunha nube de gas que rodea unha estrela nova, nube que vira coa estrela, polo que os planetas viran ao redor desta na mesma dirección que ela.Pero un recente estudo de 27 planetas extrasolares -xa descubrimos 454 deles- realizado por científicos do Observatorio Austral Europeo descubriu que seis de de eles orbitan ao redor da súa estrela en sentido contrario ao do xiro esta: Turning Planetary Theory Upside Down.Isto obviamente pon en cuestión, aínda que non invalida a teoría explicada ao principio, pois este cambio de dirección no sentido da súa órbita podería explicarse mediante a influencia gravitatoria doutros corpos, que primeiro frearían e logo posto en marcha en sentido contrario estes planetas. Así que, independentemente de que esta explicación sexa válida ou non, e como implica o método científico, estes novos datos obrigarán a prestar aínda máis atención aos planetas extrasolares que se vaian descubrindo para refinar, ou chegado o caso substituír por outra, esta teoría.
Físicos usan un laboratorio subterráneo para detectar raras partículas
Usando un delicado instrumento situado baixo unha montaña de Italia central, dous físicos da Universidade de Massachusetts Amherst están medindo algunhas das partículas máis raras e tenues xamais detectadas, os geoneutrinos, coa maior precisión xamais conseguida. Os datos revelan, por primeira vez, un sinal ben definido por encima do ruído de fondo, da extremadamente estraña partícula geoneutrino, procedente das profundidades da Terra.
Maremotos causados polos terremotos de Chile en 1960 e 2010
A imaxe de arriba é un modelo informático do NOAA que visualiza o maremoto provocado polo terremoto de Chile do pasado 27 de febreiro (magnitude 8,8).As zonas máis escuras da imaxe (negro, gris, violeta, vermello,...) representan a maior intensidade das ondas ou masas de auga desprazadasPosteriormente os investigadores aplicaron ao mesmo modelo os datos do terremoto de magnitude 9,5 que se rexistrou tamén en Chile o 22 de maio de 1960, o máis grande rexistrado polos sismógrafos ata a data. .
I Xornadas de Educación Matemática
Do 7 ao 9 de abril de 2010 na Universidade da Coruña, con este programa. A asistencia é libre e gratuíta, aínda que hai que inscribirse; en caso de necesitar un certificado o custo das xornadas é de 20 ó 40€ dependendo a situación laboral do interesado.
Bertolt Brecht
"Hai homes que loitan un día e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai quen loitan moitos anos, e son moi bos. Pero hainos que loitan toda a vida, e eses son os imprescindibles"
.
Nunca na historia tivemos tanta información ao noso alcance e tan pouco tempo para entendela e, sobre todo, para poder gozala.
Arróxase nova luz sobre a disputa de Bohr e Einstein
18 de enero de 2010Na física clásica non hai incertezas -as propiedades da materia a nivel atómico son deterministas, é dicir, están predeterminadas. A teoría da mecánica cuántica, no entanto, só di algo sobre como de probables son as propiedades e as dúas interpretacións das leis da física foron fonte de gran controversia entre Einstein e Niels Bohr. Unha nova investigación reforza a teoría cuántica de Bohr. Os resultados acaban de publicarse na revista académica, Physical Review Letters
Científicos españois confirman o cambio climático na Península Ibérica
14 de dicembro de 2009.A Rede CLIVAR acaba de completar un informe sobre os aspectos físicos do cambio climático en España titulado Clima en España: Pasado, Presente e Futuro, que será divulgado en xaneiro de 2010. O informe demostra que o aumento da temperatura superficial global reflíctese tamén a nivel peninsular, en todas as rexións e en todas as estacións, cun ritmo de aumento de 0.5?C/década nos últimos 30 anos, moi superior ao da temperatura global.
Os físicos informan da creación das temperaturas máis altas xamais logradas nun laboratorio
16 de febreIro de 2010.Os físicos informan de que crearon materia á temperatura máis alta alcanzada nun laboratorio, aproximadamente 250 000 veces máis quente que o centro do Sol
Detector de emocións para bebés
Os monitores para bebés poderían traducir, no futuro, os choros infantís, así os pais saberían con certeza se o seu fillo ten soño, fame, necesita un cambio ou sente dor. Na revista Internacional Journal of Biometrics, científicos xaponeses informan dos detalles dun programa informático estádistico que pode analizar os choros do bebé.
O coste da tecnoloxía a través dos anos
a diferenza, é que os obxetos da esquerda todavía duran hoxe
Mapa do EPI de 2006.
O Índice de Rendemento Ambiental (Environmental Performance Index, EPI) analiza 25 indicadores dunha decena de políticas dun país que inflúen na sustentabilidade, a saúde e o medio ambiente.O EPI de 2010 observa 163 países. O índice -que se iniciou en 2006- actualízase cada dous anos. España ascendeu desde a posición 30 (2008) á posición 25 (2010), que non está mal pero é un pouco baixa xa que somos os últimos na puntuación dos que o fan ben, pero un dos peores en comparación con moitos países da contorna de Europa Occidental. É superada por países como Albania, Panamá, Cuba, República Checa e Letonia.
xapón aposta polas pilas de combustibel
O país nipón leva varias décadas apostando forte polo desenvolvemento tecnolóxico da economía do hidróxeno (entre 200 e 400 millóns de dólares anuais desde 2003) con algunhas das súas universidades e centros de investigación como punta de lanza.
"Educade ós rapaces e así escusaredes castigar ós homes"
A NASA xa ten emblema para as misións finais dos transbordadores
Mimas "Rev 126" Flyby Raw Preview #1 - NASA/JPL/Space Science Institute
Esta espectacular imaxe da Estrela da Morte Consentes é unha das que conseguiu a sonda Cassini na súa recente visita a esta lúa de Saturno o pasado día 13, na que chegou a achegarse a tan só 9.500 quilómetros de distancia desta.
xoves 11 de febreiro de 2010
A axencia espacial estadounidense NASA lanzou este xoves unha nova e potente sonda solar para desvelar máis secretos sobre o Sol, cuxas tormentas afectan ao clima terrestre. Coa misión do 'Solar Dynamics Observatory' (SDO), os científicos esperan aprender máis acerca de como os csampos magnéticos do Sol afectan ao resto do sistema planetario
Terremotos Sufridos Por Asteroides ao Pasar Preto da Terra
Durante décadas, os astrónomos analizaron as consecuencias que os asteroides que pasan preto da Terra poden ter sobre esta. Unha nova investigación realizada por Richard Binzel, profesor de Ciencias Planetarias do MIT, examina o lado oposto da cuestión: a Terra exerce unha influencia considerable sobre eses asteroides, e faio a unha distancia moito máis grande do que se pensaba anteriormente
De Aristóteles a Ptolomeo: un milenio de cultura greco-latina
Tras permanecer 14 meses parado por unha avaría, o Gran Colisionador de Hadróns (LHC) do CERN volveu a poñerse en marcha o pasado mes de noviembro, disposto a abordar o reto de recrear as condicións nas que se encontraba o universo fraccións de segundo despois do Big Bang.
A OCDE prevé que España quede atrás na recuperación económica. O organismo mellora as súas previsións e calca as de Salgado. -A pesar diso, España será a única grande das desenvolvidas que caia en 2010 e a que menos creza en 2011
hoxe 13 novembro 2009
10.000 toneladas dos residuos recollidos tras o accidente do Prestige nas costas galegas continúan aínda "acumulados" na planta de Sogarisa, nas Somozas, sen seren tratados.
Quinto aniversario do prestige
O 13 de novembro de 2002 un petroleiro con 77.000 toneladas de fuelóleo atópase á deriva fronte ás costas de Muxía