viernes, 4 de diciembre de 2009



Aristarco (310 a. C. - 230 a. C.) foi un astrónomo e matemático grego, nacido en Samos, Grecia.

É a primeira persoa que propón o modelo heliocéntrico do Sistema Solar, colocando o Sol, e non a Terra, no centro do universo.
Xa que presenciou no modelo geocéntrico que algunos planetas como Venus e, sobre todo, Marte, describían traxectorias errantes no ceo, é dicir, ás veces
movíanse adiante e atrás. O que era un problema, pois a tradición aristotélica dicía que todos os movementos e as formas do ceo eran círculos perfectos.

As ideas astronómicas non foron ben recibidas e pronto foron refugadas. O modelo que dominaba era a Teoría geocéntrica de Aristóteles desenvolvida a fondo anos máis tarde por Ptolomeo. Non foi ata Copérnico, uns mil setecentos anos máis tarde, que empezou a exporse o modelo heliocéntrico como unha alternativa consistente.




Aristarco tamén fixo investigacións a cerca da distacia ó sol e a distacia á lúa e o seu tamaño. Como se ve no diagrama adxunto. Aristarco calculou o ángulo entre o Sol e a Lúa (beta) cando esta se atopaba no primeiro ou último cuarto. É dicir, cando alfa medía 90º. Entón medindo alfa podía resolver o rectángulo. Observou que a distancia Terra-Sol era moito maior que a Terra-Lúa e que, por conseguinte, o Sol tiña que ser moito máis grande pois sabemos que tanto o disco solar como o lunar teñen un diámetro aparente duns 32 minutos de arco. Foi quizá a idea dun Sol tan grande a que lle induciu a pensar que debían ser o resto de corpos máis pequenos os que orbitaran ao seu ao redor

Do modelo heliocéntrico de Aristarco só quédannos as citas de Plutarco e Arquímedes. Os traballos orixinais probablemente perdéronse nun dos varios incendios que padeceu a biblioteca de Alexandría

2 comentarios:

  1. Buaa María!!! Como mola o teu blog!!!
    É coma unha historia...
    jaajja
    Moito ánimo que seguro que che vai quedar xenial!!
    Un beso.

    ResponderEliminar
  2. Moi ben, María. As entradas á marxe están xenial. Grazas polo teu esforzo e polo teu moi bo traballo. Moito ánimo. Vas moi ben.

    ResponderEliminar