jueves, 3 de diciembre de 2009

Claudius Ptolomaeus ou Ptolomeo, nado en Exipto no ano 100 e falecido no 178, é recoñecido polos seus traballos en astroloxía, astronimía e cartografía (pois foi o primeiro cartógrafo en empregar a escala nos mapas)




Herdeiro da concepción do Universo dada por Platón e Aristóteles, o seu método de traballo desviase de destes adoptando un esquema positivista, por exemplo,a súa Teoría geocéntrica é oposta, pois as órbitas do seu sistema son excéntricas, en contraposición ás circulares e perfectas de Platón e Aristóteles.





A súa achega fundamental foi o seu modelo do Universo: no que decía que a Terra estaba inmóbil e ocupaba o centro do Universo, e que os demais astros xiraban ó seu arredor.


Tratou de resolver geométricamente os dous grandes problemas do movemento planetario


  • 1 A retrogradación dos planetas e o seu aumento de brillo, mentres retrograda

  • 2 A distinta duración das revolucións siderais.

As súas teorías astronómicas geocéntricas tiveron gran éxito, e influíron no pensamento de astrónomos e matemáticos ata o século XVI.





Aplicou os seus estudos de trigonometría á construción de astrolabios e reloxos de sol. E tamén aplicou o estudo da astronomía ao da astrología, creando os horóscopos. Todas estas teorías e estudos están escritos na súa obra Tetrabiblon




No campo da óptica explorou as propiedades da luz, sobre todo da refracción e a reflexión.

Como xeógrafo, Utiliza un sistema de latitude e lonxitude polo que serviu de exemplo aos cartógrafos durante moitos anos



Pensaba que as leis matemáticas subxacían tanto os sistemas musicais como nos corpos celestes, e que certos modos e aínda certas notas correspondían a planetas específicos, as distancias entre estes e os seus movementos. A idea fora proposta por Platón no mito da música das esferas, que é a música non escoitada producida pola revolución dos planetas























































viernes, 20 de noviembre de 2009







HIPARCO foi un astrónomo, geógrafo e matemático grego (Nado e morto, ao redor de 190 a. C. – e de 120 a. C.).

Entre as súas achegas á ciencia cabe destacar:





- O primeiro catálogo de estrelas.
- O descubrimento da precesión dos equinoccios.
- Distinción entre ano sidéreo e ano trópico, maior precisión na medida de distáncia entre Terra-Lúa e da oblicuidad da eclíptica,
- Invención da trigonometría,polo que contruiu una tabla de cordas, que equivalía a unha tabla de senos.
- Foi o primeiro en dividir a Terra en meridianos e paralelos, facendo usual os conceptos de lonxitude e latitude dun lugar, e intentou proxectar fielmente a Terra esférica nun mapa bidimensional.


El elaborou o primeiro catálogo de estrelas que contiña a posición en coordenadas eclípticas de 1080 estrelas.Convirtindose no primeiro en empreñar coordenadas elipticas. Polo que inventou para esa tarea instrumentos inovadores, especialmente un teodolito, para indicar posicións e magnitudes, para descubrir si as estrelas morrían ou nacían, se se movían ou se aumentaban ou diminuían de brillo.







jueves, 19 de noviembre de 2009

OS PRESOCRÁTICOS


O comezo absoluto do pensamento occidental: ciencia e filosofía -John Burnet expresa a opinión común de principios do século XX ao dicir que nos pensadores jonios, o logos libérase, de golpe, das concepcións míticas. O que se debe a intelixencia e espírito de observación do home grego. A ciencia occidental non tivo máis que seguir a vía marcada polos filósofos jonios.

O comezo da filosofía segue en estreita relación co comezo da ciencia. Por iso tamén se observou a influencia da astrología e a aritmética babilónicas e a xeometría exipcia na formación da mentalidade filosófica. Claro que esta mentalidade transforma o afán práctico destas disciplinas nas súas culturas de orixe (a astrología babilónica estaba ao servizo da relixión oficial, e a xeometría exipcia estaba destinada a medir campos de cultivo concretos) nun afán puramente teórico. Iso dáse en virtude do descubrimento, propio dos gregos, da forma, independente da materia.O primeiro que vinculou o inicio da ciencia (a matemática) con intereses exclusivamente teóricos,foi Aristóteles, en Metafísica I.

Os fenómenos atmosféricos como a choiva e o vento, ou simplemente humanos como a enfermidade, a morte ou os impulsos psicolóxicos, teñen unha explicación en forzas persoais, que se interesan polos asuntos humanos, e ata gardan certos lazos consanguíneos con estes.
Fronte a esta concepción, a filosofía inicia cando o home comezou a indagar por unha orde subxacente ao caos dos acontecementos, orde producida por forzas impersonales. A familia divina transfórmase nunha "necesidade" despersonalizada.
O nacemento da filosofía está vinculado co abandono da explicación mitológica para os problemas da orixe do universo, e a fe relixiosa é substituída pola fe científica cos seus triunfos e limitacións.
A relación do nacemento da ciencia co desenvolvemento da filosofía presocrática tamén foi posta de relevo por Eggers Lan, que nota, seguindo a Szabó, que a primeira demostración deductiva da historia da ciencia pertence a Parménides. Todos os filósofos presocráticos fixeron achegues á ciencia, sexa ás matemáticas ou á ciencia natural.
Aínda así, Eggers Lan distingue neste período a filosofía da ciencia: ambas teñen pretensións de ser un estudo de validez universal, só que a filosofía é o estudo do universo como totalidade ordenada, e a ciencia prescinde de tal referencia ao mundo.

jueves, 5 de noviembre de 2009


Estou convencida da grande importancia que ten para o matemático, físico e enxeñeiro a formación filosófica e humanística.Porque dende toda a historia os métodos de investigación filosófica foron importantes ferramentas nas máns dun científico.
O que presentarei a continuacion, será a importante relación da historia da fisica coa filosofía.

jueves, 8 de octubre de 2009